Actualidade e Noticias



A arte de vivir en equilibrio atopa o seu oco en Covelo
- 29/02/2024 -

Este sábado día 2 de marzo celébrase o encontro de ioga €Da raíz ao corazón€
Vivir en equilibrio e vivir no presente ao ser o único lugar onde existe a vida son algúns dos preceptos do ioga, unha práctica que conecta o corpo, a respiración e a mente utilizando posturas físicas, exercizos de respiración e meditación.


Este sábado día 2 de marzo a casa dos veciños de Barcia de Mera acollerá o retiro de ioga “Da raíz ao corazón” guiado polo Mahan Atma Xurxo Anxo e Anais Polo. Dende as sete da mañá ata as sete da tarde profundizarán no seu ser ata atopar os seus tres centros de poder, o shakti (abdomen), bhakti (corazón) e dharma (entrecello). Estes tres centros de poder simbolizan o conexión coa terra e o individualismo; a conexión co amor e a compaixón e o espertar da nosa conciencia superior.


A organización adianta que aínda quedan algunhas prazas e as persoas interesadas deben inscribirse no número de teléfono 642 395 364 / 640 323 868 antes das cinco da tarde de mañá venres día 1 de marzo.


As persoas participantes gozarán dun xantar a base de comida vexetariana e vegana.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade