Actualidade e Noticias



O auditorio de Covelo acolle unha charla informativa sobre o climaterio e a menopausa
- 28/02/2024 -

Dirixida a mulleres de entre 39 e 70 anos de idade, será este venres día 1 de marzo ás 19 horas
O auditorio público municipal do Concello de Covelo acolle unha charla informativa sobre o climaterio e a menopausa. Dirixida a mulleres de entre 39 e 70 anos de idade, será este venres día 1 de marzo ás 19 horas.


Esta actividade é gratuíta e impartida pola pedagoga e especialista en psicoloxía de grupos, Catherine Company R. que adianta que “vamos a coñocer esta etapa da muller dende o punto de vista da oportunidade, da individualidade e do autocoidado”. Catherine Company é tamén doula de procesos femininos e instrutora de ioga somático.


O climaterio é un período de transición que se prolonga durante anos, antes e despois da menopausa, como consecuencia do esgotamento ovárico, asociado a unha diminución na produción de estrógenos e que perde cos anos a capacidade para producir hormonas, folículos e ovocitos. Os estróxenos axudan á boa saúde dos ósos e a que as mulleres manteñan un bo nivel de colesterol no sangue.


O Concello de Covelo aposta pola formación como ferramenta para a prevención e o autocoñecemento sendo o obxectivo desta charla o de concienciar e formar ás mulleres para un día a día mellor adiantándose para evitar posibles problemas de saúde física e mental.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade