Present News



A Coruña e Lugo subíronse ao máis alto do podium no €Raid Covelo, tralas pegadas do lobo€
- 28/03/2022 -

Centos de deportistas de toda Galicia visitaron o concello de Covelo coa celebración da 2ª proba da liga galega de orientación
O concello de Covelo vivíu unha intensa cita co deporte da man da 2ª proba da liga galega de orientación “Raid Covelo, tralas pegadas do lobo”. Corenta e catro equipos e centos de deportistas percorreron o noso concello na procura dos mellores tempos. Na categoría 3.0 o equipo da Coruña Endurance Coco con 69 puntos e un tempo de 8:42:10 resultou o gañador quedando en segunda posición o Fluvial Lugo Xesteiras-Os Barbas e terceiro Gallaecia Raid Tracktherace.

 

A vila coruñesa de Betanzos deixou a súa pegada en Covelo ao resultar gañador na categoría: 2+1 o equipo O Pasatempo Mixto con 60 puntos e un tempo de 8:54:30, Talleres Mingos-Biziebike-Vizhoja Cornelios e Budiñoraid Sumipor quedaron no segundo e no terceiro posto respectivamente.

 

Na categoría Orienta-Raid os lucenses Fluvial Asturextrem acadaron o primeiro posto con 21 puntos e un tempo de 5:25:58, facéndose co segundo posto o Arnelao e o Aromon Matogueira co terceiro.

 

O alcalde Pablo Castillo felicita aos equipos gañadores e amosa a súa satisfacción pola celebración deste tipo de probas que fomentan o deporte, unha vida saudable e un xeito diferente de coñecer a beleza da nosa contorna.

 

Pola súa banda os organizadores, Xesta Natureza, agradecen a colaboración do Concello e das distintas entidades, Protección Civil e empresas colaboradoras “porque nos facilitaron o bo desenvolvemento da proba e porque sen eles sería imposible”.

 

O deporte dos Raids de Orientación consiste en realizar un percorrido, preestablecido pola organización, marcado no terreo mediante balizas e sinalado no mapa específico dese terreo que se entregará a cada participante.Os percorridos serán lineais e deberán realizarse en orde e haberá diferentes modalidades deportivas.

 

O “Raid Covelo, tralas pegadas do lobo” foi patrocinado polo Concello e organizado pola Federación Galega de Orientación (FEGADO) e Xesta Natureza en colaboración con empresas privadas, coa FED, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Deputación de Pontevedra.

 

https://fegado.es/events/view/79h6lwy77k8t/



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade