Present News



O Concello de Covelo contratará 14 persoas de apoio ao abeiro do plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra
- 16/02/2024 -

2 persoas con categoría de peón de limpeza que desempeñarán as súas funcións nos tres meses da tempada alta de verán, 8 peóns forestais con contratos de seis meses de duración, 2 condutores/as de camión da recollida do lixo, unha carpinteira/o e unha persoa auxiliar de administración
O Concello de Covelo contratará a 14 persoas con cargo ao plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra que darán apoio nas tarefas de conservación e funcionamento de bens e servizos públicos municipais.


Concretamente o Concello contratará 2 persoas con categoría de peón de limpeza que desempeñarán as súas funcións nos tres meses da tempada alta de verán, 8 peóns forestais con contratos de seis meses de duración, 2 condutores/as de camión da recollida do lixo, unha carpinteira/o e unha persoa auxiliar de administración. Todos os postos terán un desempeño de 30 horas semanais agás o de auxiliar administrativo que será de 37,5 horas semanais.


Concello de Covelo e Deputación de Pontevedra investirán un total de 119.338,46€ nestas catorce contratacións aportando a entidade local 8.323,40€ e 111.015,06€ o organismo provincial.


O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que a aportación destas e destes traballadores é fundamental programando a súa incorporación para os meses nos que a vexetación é máis invasiva, os desbroces máis necesarios e as limpezas máis indispensables xa que a poboación nos meses de verán chega a duplicarse. “O apoio destes profesionais é fundamental para completar os servizos públicos en meses nos que chegan turistas pero tamén nos que retornan as familias da nosa veciñanza”.






<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade