Actualidade e Noticias



Covelo e Xunta asinan o convenio para ampliar o número de persoas usuarias do programa Xantar na Casa
- 15/02/2024 -

A Xunta de Galicia amplía en 5 prazas máis o programa Xantar na Casa en Covelo para chegar ata un máximo de 15 beneficiarias/os
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinaron hoxe o novo convenio de colaboración para ampliar o número de persoas usuarias deste programa no Concello.


A Xunta de Galicia amplía en 5 prazas máis o programa Xantar na Casa en Covelo para chegar ata un máximo de 15 beneficiarias/os, entre maiores que viven sós e persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social.


O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia social e sanitaria deste recurso que os servizos sociais do Concello empregan dende os seus comezos no ano 2008 e adianta que seguirán a traballar para que a veciñanza de Covelo se beneficie dos servizos e ferramentas que ofrecen as distintas entidades, aministracións e institucións para mellorar o día a día das persoas.


Pola sua banda, Perfecto Rodríguez sinalou que este incremento de prazas evidencia á boa acollida que está a ter este servizo e que se trata de dar resposta á demanda detectada polos servizos sociais do Concello, que son os encargados de seleccionar aos usuarios. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custo da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.


Así mesmo, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana —incluídos sábados, domingos e festivos—, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Ao usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade