O principal punto de partida da ruta está en Paraños, pero tamén se pode comezar na Lamosa (N-120),Prado de Canda ou Corzós (na estrada da Franqueira).
A súa estrutura é circular, conformada por dous grandes aneis que teñen o seu punto de encontro na fermosa Ponte Folón. O primeiro anel, dende Paraños ata a ponte, ten como protagonista o río Xabriña, as fragas e a abondosa vexetación do bosque de ribeira. O segundo anel, pasa por Prado de Canda e A Lamosa, vainos permitir coñecer históricos camiños, unha boa arquitectura rural así como a actividade dos celeiros, xa desaparecida.
A ruta combina os valores naturais co rico patrimonio etnográfico das tres parroquias: ribeiras, fragas, muiños, vellos camiños, levadas, lavadoiros, cruces e cruceiros, eiras e lagares da cera, fontes…
Para asistir a ruta hai que inscribirse na páxina de facebook TURISMO EN COVELO, no correo electrónicooficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando ó 638 015 428 dando o nome e un teléfono de contacto.
Recoméndase levar roupa cómoda e botella de auga.
Tríptico da ruta aquí:
www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/ruta_xabrina.pdf