Agenda
Ruta AQA
- 13/09/2015 -
Dificultad baja. Salida desde la playa fluvial de Maceira a las 10:00 horas y llegada a Santiago de Covelo a las 14 horas aprox. El recorrido de la ruta AQA atraviesa un espacio natural condicionado por la presencia del agua, que actuó como modeladora de un paisaje de valles y valgadas. Son numerosos los elementos del patrimonio etnográfico presentes al largo de la ruta y relacionados con los usos del agua, como presas y llevadas para el riego, fuentes y pasos, molinos, todos ellos testimonios de la íntima relación entre los covelenses y el agua al largo de los siglos. También si las condiciones así lo permiten recogeremos durante el recorrido ejemplares micológicos.
A ruta AQA lévanos por un percorrido de sendeiros novos e camiños tradicionais, pasando por algunhas das paisaxes máis fermosas do río Tea. 
Está baseada nun roteiro circular de 11,5 km entre o lugar de Redondo e a fermosa praia fluvial de Maceira, pero existen dúas posibles extensións. Nunha delas, de 4 km, chegamos ata Santiago de Covelo dende Lourido.

Moi importante é o río Tea (que nos acompañará o longo do camiño) está catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria dentro da REDE NATURA 2000, rede de espazos naturais protexidos á escala da Unión Europea. Nace na Serra do Suído e desemboca no Baixo Miño. É un dos ríos mellor conservados do sur de Galicia.

Este río sostén unha das comunidades de peixes máis diversas de Galicia, debido a súa accesibilidade ata os tramos altos para especies migratorias como a Anguía, a Lamprea, o Reo e o Salmón Atlántico. A combinación de augas limpas con beiras naturais e gran diversidade de plantas de ribeira, crea o hábitat idóneo para moitos invertebrados, anfíbios, mamíferos e aves.

O bosque de ribeira, dominado polo amieiro e o salgueiro, permite o funcionamento do río como gran corredor ecolóxico que conecta a Serra do Suído co Baixo Miño.

Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Turismo en Covelo”, no correo electrónicooficinaturismocovelo@gmail.com ou no telefono 638 015 428. Facilitando o nome e un teléfono de contacto.

Tríptico da ruta aquí:
www.concellodecovelo.es/integra/docs/triptico_RUTA_AQA.pdf



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade