Agenda
Ruta "Foxo do Lobo"
- 12/09/2015 -
Dificultad media. Salida desde la plaza del ayuntamiento a las 10:00 horas. Tiene una duración aproximada de 3-4 horas. Se finalizaría sobre las 14:00 - 15:00h. Este hermoso recorrido propuesto permite conocer una muestra muy representativa del patrimonio etnográfico-ganadero y natural de la Sierra del Suído. Aquí se podrá ver el foxo del lobo y los chozos en la Sierra del Suído como una parte del aprovechamiento gandero ancestral, así como pequeños ecosistemas de turbera.
sábado día 12 de setembro realizarase a ruta do Foxo do Lobo.

Todo o concello de Covelo está rodeado pola Serra do Suído. Esta serra chámase así, porque nela convivían e aínda seguen convivindo os suídos (porcos) por esa razón, ten un alto valor natural.

Forma un límite natural entre as provincias de Ourense e Pontevedra. Acolle parte dos municipios de Pontevedra como A Lama, Fornelo de Montes e Covelo; e de Ourense como Avión e Beariz. As grandes chairas e planicies fan que sexa difícil o seu límite entre provincias, por iso, xa de moi antigo, foi disputado entre os condes de Ribadavia e Soutomaior, os señores desta zona.

O animal que se pode atopar con máis extensión é o lobo por iso se crearon os “foxos”para protexer á gandería. Se construían unhas trampas onde se encerraba os lobos. Este sistema consistía en atraer ó lobo ata o lugar onde se lle ía dar caza. A súa construcción eran un par de muros que guiaban ó lobo ata un foxo, alí o capturaban ou se mataba. As cacerías se organizaban de forma comunitaria polas xentes da parroquia. A época de caza era en primavera e no verán.  Aínda se conservan moitos en perfectas condicións.Tamén atopamos outro tipo de construccións, “os chozos”. Son recintos pechados de pedra onde antigamente se gardaban as vacas cos seus becerros que pastaban nesta serra. Este recinto circular incluía na súa forma primitiva un espacio onde se resgardaban os pastores do mal tempo que estaban coidando do gando.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e botella de auga e algo de comer.

Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Turismo En Covelo”, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no teléfono 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.

Máis información da ruta aquí:
concellodecovelo.es/rutaFoxo/



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade