O Concello informa sobre os itinerarios do servizo gratuíto de transporte institucional para as eleccións ao Parlamento de Galicia
Haberá cinco rutas para cubrir todas as parroquias con paradas en distintos barrios en horario de mañá e de tarde
O Concello de Covelo informa que, co obxectivo de facilitar o desprazamento das/dos electores, haberá un servizo gratuíto de transporte institucional que garantirá que todas as persoas poidan trasladarse ás súas mesas electorais con motivo das eleccións ó Parlamento de Galicia do día 18 de febreiro de 2024.
Este servizo contará con cinco itinerarios. Un para a mesa electoral de Barciademera con dous percorridos, por un lado o de Lourido con saída ás 10:30 e as 16:00 horas no torreiro de festas de Lourido e parada en Redondo e, por outro lado, o percorrido con saída no barrio de A Roteña ás 12:25 e ás 17:25 con parada na igrexa de Casteláns e en As Pereiras-Vilanova. O regreso producirase cando as persoas transportadas teñan exercido o seu dereito ao voto.
Outro dos itinerarios é o de Oleiros, A Peneda, Carredás e Piñeiro con saída dende o bar Carballo no barrio da Igrexa en Piñeiro ás 11:30 e 16:00 horas. Terá paradas no barrio de Areas, en Piñeiro; en Oleiros e na Peneda, Barciademera.
O tercerio itinerario sae do Pino Manso dende a Aldea de Arriba en Prado da Canda ás 11, ás 13 e ás 17 horas. Recollerá persoas no barrio de Corzós, na Lamosa e no Centro Social da Lamosa para levalos á mesa electoral de Paraños.
O cuarto itinerario será o de San Salvador de Prado, Bugariña Godóns e Maceira con saída ás 12:30 e 17 horas dende a praza de Cende en San Salvador de Prado.
O último e quinto itinerario parte dende A Graña, vai a Campo, a Fofe e Maceira. Sairá ás 10:30 e ás 15 horas con saída na Cerreira, na Graña, e paradas en San Pedro (A Abrigada); en Cascardoso, Campo; no torreiro de Fofe e chegada a Maceira.
Todos os itinerarios conta con viaxe de volta unha vez que as persoas rematen.