Saída dende o cemiterio de Piñeiro as 09:00 horas. Duración aproximada sobre 4 horas. Percorrido de 10 km e cunha dificultade media.
Esta ruta comeza na parroquia de Piñeiro e ascende ata a Serra do Suído, onde nos atoparemos cunha gran poza. Esta poza foi construída no seu momento para almacenar auga para os campos desta parroquia.
Todo o concello de Covelo está rodeado da Serra do Suído. Forma un límite natural entre as provincias de Ourense e Pontevedra. Acolle parte dos municipios de Pontevedra como A Lama, Fornelo de Montes e Covelo; e de Ourense como Avión e Beariz. As grandes chairas e planicies fan que sexa difícil o seu límite entre provincias, por iso, xa de moi antigo, foi disputado entre os condes de Ribadavia e Soutomaior, os señores desta zona.
A súa extensión abrangue case 200 km2. No sur atopamos o Val de Mondariz, o Monte Pedroso e o Faro de Avión; no norte continua cos altos do Paraño e a Serra do Testeiro.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e unha botella de auga.
Para inscribirse, pódese facer mediante mensaxe privada na páxina de facebook “Covelo Tourism”, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no teléfono 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.
Tríptico da ruta aquí:
www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/pineiro_espanol.pdf