Axenda
Ruta Poza de Piñeiro
- 29/07/2017 -
Dificultade media, cunha duración aproximada de 4 horas. Saída dende o Cemiterio de Piñeiro ás 09:00 horas. A ruta transcorrerá ata a Poza ou Pozo de Piñeiro, un lago de montaña, creado artificialmente para administrar a auga procedente da parte alta da Serra do Suído para o regadío das terras agrícolas da Parroquia de Piñeiro, que co paso do tempo converteuse nunha zona húmida de gran interese paisaxístico e natural. Para rematar a visita subiremos ata a Capela de A Guía de Piñeiro para gozar das vistas panorámicas que nos ofrece.
O próximo sábado 29 de xullo faremos a Ruta Poza de Piñeiro.

Saída dende o cemiterio de Piñeiro as 09:00 horas. Duración aproximada sobre 4 horas. Percorrido de 10 km e cunha dificultade media.

Esta ruta comeza na parroquia de Piñeiro e ascende ata a Serra do Suído, onde nos atoparemos cunha gran poza. Esta poza foi construída no seu momento para almacenar auga para os campos desta parroquia.

Todo o concello de Covelo está rodeado da Serra do Suído. Forma un límite natural entre as provincias de Ourense e Pontevedra. Acolle parte dos municipios de Pontevedra como A Lama, Fornelo de Montes e Covelo; e de Ourense como Avión e Beariz. As grandes chairas e planicies fan que sexa difícil o seu límite entre provincias, por iso, xa de moi antigo, foi disputado entre os condes de Ribadavia e Soutomaior, os señores desta zona.

A súa extensión abrangue case 200 km2. No sur atopamos o Val de Mondariz, o Monte Pedroso e o Faro de Avión; no norte continua cos altos do Paraño e a Serra do Testeiro.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e unha botella de auga.

Para inscribirse, pódese facer mediante mensaxe privada na páxina de facebook “Covelo Tourism”, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no teléfono 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.

Tríptico da ruta aquí:

www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/pineiro_espanol.pdf



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade