O alcalde, Pablo Castillo, informa que concelleiras e concelleiros traballan no proceso de elaboración dos orzamentos municipais que xa foron sometidos á aprobación do pleno da Corporación. “Como tódolos anos e coa intención de fomentar os procesos de participación veciñal na toma de decisións públicas veciñas e veciños poderán facer propostas en calquera ámbito orzamentario”.
Así, as persoas empadroadas poderán aportar cuestións para o plan anual de investimentos; organización de actividades culturais, deportivas, lúdicas e sociais; relacionadas coa organización, funcionamento e financiación de servizos públicos ou propostas de impostos, subvencións, taxas ou calquera outro aspecto que considere.
Tendo en conta que os orzamentos son estimacións de ingresos e gastos suxeitas a posibles modificacións o proceso de participación esténdese ao longo de todo o ano 2024. Para participar aquí