Axenda
Visita ao patrimonio eclesiástico de Covelo
- 29/08/2015 -
Visita á Igrexa de Santa Mariña de Baldomar e ao Conxunto Abacial de Barcia de Mera.
Saída ás 11:30 horas da praza do concello e remate da visita sobre as 14:00 horas.

Este sábado día 29 de agosto realizarase a primeira visita eclesiástica guiada a capela de Santa Mariña ó pe da Cruz de Baldomar e ó Conxunto Abacial de Barcia de Mera.

Saída dende a praza do Mestre Cerviño en Covelo ás 11:30 horas.

De alí iremos a capela de Santa Mariña ó pe da Cruz de Baldomar onde se fará unha visita ó conxunto, describindo a devoción que lle deu orixe (a doazón realizada pola Marquesa de Vaamonde da reliquia consistente nun fragmento da Santa Cruz de Cristo), o conxunto arquitectónico, o seu encaixe histórico, a súa evolución como lugar de culto mais alá de o entorno parroquial,  e incluíndo a descrición do singular baldaquino e a súa utilización e integración no ritual do culto (representación dun Cristo articulado para realizar o encrave e desencrave na representación da pasión e morte de Xesús.

Finalmente, iremos visitar o Conxunto Abacial de Barcia de Mera (veremos o Retablo maior de San Martiño, Retablos de San Xosé e do Carmen, Retablo do Rosario e de Ánimas e Retablo de Santa Lucía e San Bieito, tamén  farase unha explicación do Pazo Abacial) onde rematará a visita guiada.

A hora estimada para rematar a visita é ás 14:00 horas.

 

É necesario dispor dun vehículo para poder desprazarse dun lugar a outro.

Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Turismo En Covelo”, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no telefono 638 015 428. Facilitando o nome e un teléfono de contacto.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade