Actualidade e Noticias



Este sábado cita coa música, a gastronomía e os produtos artesáns na Mostra de Produtos de Covelo
- 31/01/2024 -

A partir das 12:30 horas sesión vermú con Mino, música en directo con temas propios e versións de grandes éxitos do rock e do pop
Artesanía de resina, artículos de segunda man, cestaría, cosmética natural, decoración, froitas, legumes, panadaría, prantas, queixos, tambores chamánicos, tatuaxes de henna, textil, xoiaría ou xoguetes de madeira son algunas das cousas que podemos atopar na Mostra de Produtos de Covelo que se celebra cada primeiro sábado de mes.

 

Este sábado día 3 de 10 a 14 horas a praza Mestre Cerviño recibirá a vendedores e compradores para gozar dunha mañá de intercambio comercial pero tamén social. Non faltará a sesión vermú con música en directo e o pulpeiro acompañará o ambiente festivo.

 

A partir das 12:30 horas actuará Mino para presentarnos temas propios e versións de afamados temas de REM, Credence, Rolling Stones, Bob Dylan ou Quique González, Antonio Vega, Vetusta Morla e Andrés Dobarro.

 

A Mostra de Produtos de Covelo enmárcase na oferta estable de actividades de lecer deseñada para todo o ano en colaboración coa Deputación de Pontevedra.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade