Esta intervención ten un custo de 48.294,25€ dos que a Consellería de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia achegou 26.832€ aportando o Concello a cantidade restante, 21.462,25€.
A pista cuberta permite a práctica deportiva ao longo de todo o ano en liña cos obxectivos do goberno local de fomentar hábitos de vida saudable e ofrecer instalacións e servizos públicos de maior calidade coa intención de mellorar o día a día das persoas.
Dende a súa inauguración a pista de pádel dispuña dun amplo horario os 365 días do ano, de 16:30 a 21 horas de luns a venres e sábados, domingos e festivos de 9 a 21 horas. Ante a alta demanda das persoas usuarias o Concello encargou a colocación desta cuberta de máis de 200 metros cadrados que posibilita a práctica deportiva independentemente da climatoloxía.
A pista pública de pádel é de uso compartido e gratuíto, sendo empregada polas mañás polo alumnado do colexio e o resto do día polo público en xeral. Para poder acceder á pista tan só se debe realizar solicitude previa nas oficinas municipais a través do número de teléfono 986 65 01 54.
As persoas interesadas poden consultar a normativa de uso na páxina web do Concello.