Covelo lamenta o pasamento do funcionario e veciño Mario Pérez Vidal
- 22/01/2024 -
Prestou o seu servizo público durante corenta e seis anos
O Concello de Covelo, a través do seu alcalde Pablo Castillo, amosa o seu profundo pesar polo pasamento de Mario Pérez Vidal, funcionario do Concello que será incinerado hoxe na compaña dos seus. Prestou o seu servizo público durante corenta e seis anos exercendo como administrativo e tesoureiro. Veciño da parroquia de Santa Marina, Mario Pérez Vidal levaba cinco anos xubilado. O alcalde trasladou o pésame a súa familia en nome de todos os grupos con representación no Concello e de todo o persoal funcionario.