Present News



Covelo súmase á estratexia de desenvolvemento territorial do Ministerio de Inclusión e Migracións
- 26/03/2022 -

El alcalde de Covelo y Provivienda firman un acuerdo para ejecutar el programa €Tierras Vivas€ que promoverá vivienda para población migrante
 Covelo da un paso firme no fomento de vivenda e aloxamento de carácter social para poboación migrante e desfavorecida e sitúase como o primeiro Concello da comarca en asinar un acordo coa Asociación Provivienda.


A través do proxecto “Terras Vivas”, encadrado na estratexia de desenvolvemento territorial financiada polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Covelo resolverá problemas de aloxamento para colectivos vulnerables e fixará, ao mesmo tempo, poboación.


Concello e Provivienda traballarán na avaliación da necesidade social e darán un paso máis na atención ás persoas e familias en situación de risco e exclusión social tanto do concello como de fóra, así o recolle o acordo asinado hoxe entre o alcalde Pablo Castillo e a responsable de Provivienda en Galicia, Ana Pardo.


Dun xeito proporcional ás capacidades do noso concello integrarase nova poboación. O alcalde de Covelo explica que traballarán para facilitar o acceso á vivienda de persoas que se atopen en situacións de vulnerabilidade social como os desprazados polas guerras e conflitos internacionais, “pemitindo ademais recuperar poboación e incrementar recursos no concello”.


Nunha primeira fase o departamento municipal de Servizos Sociais facilitará toda a información posible para estudar e avaliar as necesidades da poboación e determinar aquelas familias que poidan ser beneficiarias do programa “Terras Vivas”.


Pola súa banda Provivenda adianta que o programa, que se xa desenvolve en distintos concellos de Andalucía e Galicia, pretende garantir o dereito á vivenda e revitalizar o rural. “Mediante o desenvolvemento de Itinerarios de Inserción Sociolaboral en zonas rurais de Pontevedra, Ourense e Granada, Terras Vivas ofrece unha intervención individualizada e integral co fin de apoiar e facilitar a integración, participación e autonomía das persoas migrantes”.


A asociación Provivienda xestiona en distintas Comunidades Autónomas diversos programas de aloxamento dirixidos a colectivos en risco de exclusión social a traverso de distintas opcións e dispositivos residenciais.


O Concello de Covelo reafirma unha vez máis o seu compromiso no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030 e no Pacto das Alcaldías.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade