A ruta ten unha primeira parte circular dunha hora e unha segunda parte lineal tamén dunha hora. A duración, aproximadamente, é 3 de horas (incluindo as visitas tanto a San Xoán de Mosteiro e o Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera) .
Nesta ruta, poderán admirar o cruceiro e a pequena Capela de San Xoán Mosteiro, unha ponte medieval dun só arco e a chamada "Fonte Santa", rodeada de cruces, que según nos conta a lenda, “bebamos da auga da fonte que sempre ten a mesma temperatura, pidamos un desexo e coloquemos unha cruz de madeira o seu redor”.
Acto seguido dirixirémonos ó Conxunto Abacial e a Igrexa de San Martiño de Barciademera, donde poderemos contemplar as grandísimas xoias do Barroco que nos ofrece Covelo.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e botella de auga e algo de comer.
Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Covelo Tourism” cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no teléfono 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.
Mapa da ruta aquí:
concellodecovelo.es/rutaAlen/triptico2016.pdf