Novas
Ruta do Río Alén e visita ó Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera.
- 26/08/2017 -
Dificultade Baixa. Ás 09:30 h. saimos dende a Praza do Mestre Cerviño en Covelo cara a Capela de San Xoán de Mosteiro, onde comezará a ruta. A andaina transcorrerá polo marxe fluvial do río Alén (afluente do río Tea) rematando as 14:00 h. na parroquia de Barcia de Mera.
Esta ruta encóntrase nun lugar máxico, en plena natureza, bañada polo río Alén, afluente do río Tea, catalogado como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e incluído na REDE NATURA 2000.

A ruta ten unha primeira parte circular dunha hora e unha segunda parte lineal tamén dunha hora. A duración, aproximadamente, é 3 de horas (incluindo as visitas tanto a San Xoán de Mosteiro e o Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera) .

Nesta ruta, poderán admirar o cruceiro e a pequena Capela de San Xoán Mosteiro, unha ponte medieval dun só arco e a chamada "Fonte Santa", rodeada de cruces, que según nos conta a lenda, “bebamos da auga da fonte que sempre ten a mesma temperatura, pidamos un desexo e coloquemos unha cruz de madeira o seu redor”.

Acto seguido dirixirémonos ó Conxunto Abacial e a Igrexa de San Martiño de Barciademera, donde poderemos contemplar as grandísimas xoias do Barroco que nos ofrece Covelo.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e botella de auga e algo de comer.

Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Covelo Tourism” cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no teléfono 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.

Mapa da ruta aquí:
concellodecovelo.es/rutaAlen/triptico2016.pdf




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade