A familia Carballeira, da parroquia covelense de Maceira, está esta fin de semana de celebración. Mañá sábado día 13 é o aniversario de voda de María e David. Soprarán unhas candeas especiais, as dos seus 75 anos xuntos. A súa foi unha carreira de fondo e de superación, sendo aínda adolescentes tiveron ao seu primeiro fillo, Ignacio, e xa anos despois a María del Pilar. A voda destes dous inseparables chegou seis meses despois do seu casamento xa que tiveron que pedir permiso ao bispado adiantándose aos trámites un pequeno e primando a bioloxía sobre a burocracia.
Na cidade iniciaron unha vida de parella que chega aos nosos días. Dous fillos; tres netos, Fátima, David en Roberto e 6 bisnetos, Eva, Carlos, Noa, Iria e Marta. Viven sós e ata hai apenas uns anos David conducía moi a cotío para pasar uns días na súa parroquia natal en Covelo. Aínda que teñen boa saúde para a súa idade a súa filla visítaos a diario e o resto da familia con moita frecuencia cada semana. Agora agardan a chegada da axuda domiciliaria para dar apoio nas tarefas dos coidados e do fogar das que María sabe moito ao coidar dende nena dos seus maiores e logo ben pronto de seus fillos. Xuntos viviron a dureza das aldeas de principos do século pasado, o traballo no campo e o coidado do gando e non tiveron medo en cambiar a súa terra para ir á cidade traballar e emprender, moito antes do que agardaban, a aventura de sacar adiante a súa propia familia.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, quere achegarlle os seus parabéns e deséxalle un día a día no que non falten os bos recordos e o cariño dos seus.