Actualidad y Noticias



María Guimaré y David López celebran 75 años de casados recordando los tiempos en su parroquia natal, Maceira,
- 14/01/2024 -

El alcalde, Pablo Castillo, quiere acercarle sus enhorabuenas y le desea un día a día en el que no falten los buenos recuerdos y el cariño de sus
A súa historia remóntase a principios do século XX cando no ano 1933 naceu María Guimaré Diz ninguén lle ía dicir que compartiría practicamente unha vida enteira ao carón de seu primo David López Diz, fillo de Preciosa e cinco anos maior ca ela. Todo comezou cando con nove anos María deixou a casa da súa avoa e marchou a Vigo a vivir coa súa nai Palmira.

 

A familia Carballeira, da parroquia covelense de Maceira, está esta fin de semana de celebración. Mañá sábado día 13 é o aniversario de voda de María e David. Soprarán unhas candeas especiais, as dos seus 75 anos xuntos. A súa foi unha carreira de fondo e de superación, sendo aínda adolescentes tiveron ao seu primeiro fillo, Ignacio, e xa anos despois a María del Pilar. A voda destes dous inseparables chegou seis meses despois do seu casamento xa que tiveron que pedir permiso ao bispado adiantándose aos trámites un pequeno e primando a bioloxía sobre a burocracia.

 

Na cidade iniciaron unha vida de parella que chega aos nosos días. Dous fillos; tres netos, Fátima, David en Roberto e 6 bisnetos, Eva, Carlos, Noa, Iria e Marta. Viven sós e ata hai apenas uns anos David conducía moi a cotío para pasar uns días na súa parroquia natal en Covelo. Aínda que teñen boa saúde para a súa idade a súa filla visítaos a diario e o resto da familia con moita frecuencia cada semana. Agora agardan a chegada da axuda domiciliaria para dar apoio nas tarefas dos coidados e do fogar das que María sabe moito ao coidar dende nena dos seus maiores e logo ben pronto de seus fillos. Xuntos viviron a dureza das aldeas de principos do século pasado, o traballo no campo e o coidado do gando e non tiveron medo en cambiar a súa terra para ir á cidade traballar e emprender, moito antes do que agardaban, a aventura de sacar adiante a súa propia familia.

 

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, quere achegarlle os seus parabéns e deséxalle un día a día no que non falten os bos recordos e o cariño dos seus.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade