Present News



Agasallos, inchables, música e chocolatada na festa de Raíñas e Reis de Covelo
- 05/01/2024 -

A partir das 19:30 horas o pavillón municipal acollerá actividades gratis e a recepción das Raíñas e Reis Magos de Oriente
O Concello de Covelo celebrará a súa festa da cabalgata de reis mañá sábado día 6. Será despois do desfile na praza Mestre Cerviño no pavillón municipal. O Concello de Covelo, a través do seu alcalde Pablo Castillo, convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta festa na que non faltará a música, as sorpresas e actividades para as nenos e os nenos.

 

Logo do percorrido polas parroquias as súas maxestades chegarán ao centro urbano para visitar ás persoas maiores da residencia e desfilar hacia o pavillón arredor das 19:30 horas. Os zancudos Elegantes de Branco de Asacocirco serán os encargados do recibimiento para, a continuación, acompañalos na entrega de agasallos doces a cada neno e nena. Inchables, tobogáns de bolas, batallas de bolas xigantes e música serán algúns dos ingredientes que Animar-T ten preparada. Un chocolate quente con rosca completará esta tarde de festa.

 

Percorrido da cabalgata

As Raíñas e Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias e o centro urbano parándose a saudar nos negocios de hostalaría, nas prazas e nas casas e centros culturais.

 

Segundo fontes oficiais, a comitiva de Gaspar sairá dende Fofe ás 17:00 horas para ir a Piñeiro, logo ás 17:30 chegar a Barcia de Mera, ás 18:00 horas en Casteláns e ás 18:30 entrar na praza Mestre Cerviño. O séquito de Baltasar sairá ás 16:30 dende A Graña para ir a Campo, ás 17 horas a Godóns, 17:30 San Salvador de Prado e 18 horas en Maceira destino á praza Mestre Cerviño. O cortexo de Melchor sae ás 16:30 horas dende Prado da Canda; para estar ás 17 horas na Lamosa, ás 17:30 en Paraños e ás 18 horas en Santa Marina.

 

Paxes, raíñas e reis xuntaranse na praza Mestre Cerviño arredor das 18:30 horas onde serán recibidos con música e baile antes de ir visitar ás persoas maiores da residencia. A continuación desfilarán cara ata o pavillón municipal.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade