Novas
Axudas á reforestación e traballos silvícolas para comunidades de montes e propietarios particulares
- 19/02/2008 -
Axudas á reforestación e traballos silvícolas para comunidades de montes e propietarios particulares Poderán solicitar información na Axencia de Sostibilidade de Covelo ou nas oficinas do Concello no relativo ás seguintes axudas da Consellería do Medio Rural: Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (publicada o xoves 7 de febreiro de 2008).Importe da subvención: 80 %. Investimento máximo: 1.770 €/Ha coníferas e 2.290 €/Ha frondosas. Destinatarios: Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común(CMVMC) (cunha superficie maior de 25 Ha, a superficie mínima de actuación será de 15 Ha) e propietarios particulares (superficie mínima 3 Ha). Prazo de presentación: Un mes dende a publicación no DOGA. Orde do 31 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas á silvicultura en bosques no medio rural (publicada o luns 11 de febreiro de 2008). Importe da subvención: 60 %. Investimento máximo: 2.212 €/Ha frondosas. Destinatarios: CMVMC (cunha superficie maior de 25 Ha, a superficie mínima de actuación será de 10 Ha) e propietarios particulares (superficie mínima 1 Ha). Os montes comunais con superficies maiores de 250 Ha deben contar cun Plan de Ordenación para poder acceder a esta liña de axudas. Prazo de presentación: Un mes dende a publicación no DOGA. Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento de frondosas caducifolias (publicada o luns 18 de febreiro de 2008). Importe da subvención: 80 %. Investimento máximo: 2.290 €/Ha. Destinatarios: CMVMC (superficie mínima de actuación será de 1 Ha e máxima de 15 Ha) e propietarios particulares (superficie mínima 0,5 Ha e máxima 3 Ha). Prazo de presentación: Un mes dende a publicación no DOGA. Mais información no seguinte enlace: http://mediorural.xunta.es/


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade