Actualidad y Noticias



Sus majestades las Reinas y Reyes de Oriente visitarán las parroquias y el casco urbano de Covelo
- 02/01/2024 -

No casco urbano desfilarán, visitarán a los mayores en la residencia y repartirán ilusión, regalos dulces en la fiesta que se celebrará a partir de las 18:30 horas en el pabellón municipal
As súas maxestades as Raíñas e Reis de Oriente ultiman os preparativos para a súa visita oficial ao Concello de Covelo. O vindeiro día 6 visitarán as parroquias e o centro urbano parándose a saudar nos negocios de hostalaría, nas prazas e nas casas e centros culturais.

 

Segundo fontes oficiais, a comitiva de Gaspar sairá dende Fofe ás 17:00 horas para ir a Piñeiro, logo ás 17:30 chegar a Barcia de Mera, ás 18:00 horas en Casteláns e ás 18:30 entrar na praza Mestre Cerviño. O séquito de Baltasar sairá ás 16:30 dende A Graña para ir a Campo, ás 17 horas a Godóns, 17:30 San Salvador de Prado e 18 horas en Maceira destino á praza Mestre Cerviño. O cortexo de Melchor sae ás 16:30 horas dende Prado da Canda; para estar ás 17 horas na Lamosa, ás 17:30 en Paraños e ás 18 horas en Santa Marina.

 

Paxes, raíñas e reis xuntaranse na praza Mestre Cerviño arredor das 18:30 horas onde serán recibidos con música e baile antes de ir visitar ás persoas maiores da residencia. A continuación desfilarán cara ata o pavillón municipal. Zancudos máxicos agardarán as súas maxestades no pavillón onde tamén haberá inchables, batalla de bolas xigantes, pista ameriana, tobogán de bolas,  música e animación.

 

A comitiva real entregará un agasallo doce ás nenas e aos nenos e haberá chocolate quente con rosca para celebrar a visita das Raíñas e Reis Magos de Oriente e comezar así o ano cargado de ilusión e sorrisos. 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade