Axenda
Axudas para o fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo.
- 16/07/2015 -
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 3 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo, e se convocan para o ano 2015.
 


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento.

Establécense os seguintes programas:

a) I: Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).

b) II: Programa de fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).

c) III: Programa de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica (procedemento TR807D).

d) IV: Programa de promoción das cooperativas xuvenís (procedemento TR807E).

Para os efectos desta orde terán a consideración de cooperativas xuvenís as que estean formadas maioritariamente por persoas socias traballadoras ou de traballo que teñan entre 16 e 29 anos de idade.

Prazo de presentación : 17/07/2015 - 17/08/2015.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Enlaces:


Normativa

Tramitación electrónica






 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade