Establécense os seguintes programas:
a) I: Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
b) II: Programa de fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
c) III: Programa de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica (procedemento TR807D).
d) IV: Programa de promoción das cooperativas xuvenís (procedemento TR807E).
Para os efectos desta orde terán a consideración de cooperativas xuvenís as que estean formadas maioritariamente por persoas socias traballadoras ou de traballo que teñan entre 16 e 29 anos de idade.
Prazo de presentación : 17/07/2015 - 17/08/2015.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución : Cinco meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo
Enlaces:
Normativa
Tramitación electrónica