Actualidade e Noticias



Covelo inviste preto de 65.000€ na ampliación da rede de saneamento con novos tramos en Maceira
- 12/12/2023 -

Nos últimos meses executou obras entre os barrios de Trasfontán e Vales que dan servizo ao redor de vinte fogares
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que veñen de rematar as obras do proxecto “ramais de saneamento en Maceira”. O goberno de Covelo continúa así na súa estratexia de mellora dos servizos básicos investindo, nesta nova obra, un total de 64.681€ que se suman aos tramos xa executados nos ramais de saneamento en Carballeda e O Castro en Covelo, Costa, en Godóns; Santa Cruz en Santa Marina e A Margarida en Paraños.

 

Ademais de ofrecer un servizo básico á cidadanía, as melloras na rede de saneamento son fundamentais para preservar e protexer o medio natural, un dos principais compromisos deste goberno, explica o alcalde.

 

Ao longo dos últimos meses executáronse cortes de pavimento, recheos, demolicións, canalizacións, colocación de tubaxe e aros de formigón, construción de pozos de rexistro, hormigonado, instalación de bombeo e limpeza de cunetas e arcéns, entre outros moitos traballos que permitiron a conexión ao saneamento a arredor de vinte fogares dos barrios de Trasfontán e Vales, en Maceira.

 

Pablo Castillo adianta que continuará traballando na mellora do servizo de saneamento ata chegar á totalidade de todos os barrios do concello.

 

As obras executáronse co apoio do Fondo de Compensanción Medioambiental da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade