Present News



Achégate ao centro de saúde de Covelo e aprende a pedir citas e realizar xestións co SERGAS coa aplicación É-Saúde
- 10/12/2023 -

Será este luns 11 de 8:15 a 14:15 horas no propio centro de saúde e tamén ensinarán ás persoas a tramitar a CHAVE 365 que nos permite asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia
Este luns11 de decembro os profesionais do SERGAS atenderán á cidadanía de oito e cuarto da mañá a dúas e cuarto da tarde para ensinarlles a relacionarse co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través da aplicación É-Saúde.
 
Pedir citas médicas, acceder á historia clínica, consultar tratamentos, obter certificados COVID, descargar e enviar partes de baixa, acceder ás follas do SINTROM ou ter no teléfono móbil a tarxeta sanitaria son algunhas das funcións que ofrece a plataforma É-Saúde. 
 
Dun xeito cómodo e doado e dende calquera punto e hora do día podemos acceder aos nosos datos, historial e resolver dúbidas de pautas de tratamento. 
 
Persoal do SERGAS estará ao longo da mañá no centro de saúde de Covelo atendendo a todas as persoas que desexen beneficiarse das vantaxes do uso desta plataforma na rede que permitie unha comunicación fluída e accesible dende o ordenador, tablet, teléfono móbil ou calquera outro dispositivo con acceso a internet. 
 
Ademais, o persoal do SERGAS trasladado ese día ao Centro de Saúde de Covelo para informar e formar, ensinará ás persoas interesadas a tramitar a Chave 365 que é o sistema que permite á cidadanía maior de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade