Present News



Postos de artesanía, doces caseiros, música e actividades para crianzas na Feira de Nadal de Covelo
- 07/12/2023 -

Este sábado de 10 a 18 horas goza do nadal no pavillón municipal de Covelo no que haberá feira, xogos e a visita de Papá Noel
O Concello de Covelo celebra a súa tradicional Feira de Nadal este sábado día 9 no pavillón de deportes municipal. Resgardados das inclemencias do tempo as persoas participantes poderán gozar da música en directo, de doces caseiros e chocolate quente e mercar os seus agasallos de nadal nos múltiples postos de artesanía.


De 10 da mañá á 18 horas e de xeito ininterrumpido o pavillón abre as súas portas para todas aquelas persoas que desexen facer compras, socializar, bailar ou degustar os postres caseiros mentres os máis pequenos e pequenas dos fogares participan nas distintas actividades e xogos gratuítas que o Concello ten programado.


Produtos de proximidade e feitos a man protagonizarán esta nova edición da Feira de Nadal que chegará acompañada ás 12 horas do obradoiro de nadal con Barafunda Animación e actividades infantís.


A partir das 17 horas tocará bailar e divertirse con “A xogas cos trasnos do nadal”. A continuación sobre as 17:30 horas Papá Noel visitará o pavillón coa súa caixa máxica na que depositar desexos.


Un "pulpeiro" e postos con produtos de alimentación completarán a oferta de lecer da Feira de Nadal de Covelo na que produtores, veciñanza e visitantes comparten e intercambian coñecementos, experiencias e inquedanzas.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade