Axenda
SUSPENDENSE AS ANDAINAS DO SÁBADO 4 E O DOMINGO 5 DE XULLO POLA NON DISPOÑIBILIDADE DO TÉCNICO DE TURISMO. Oferta de visitas e rutas guiadas de sendeirismo para coñecer o valioso patrimonio histórico natural do noso Concello
- 27/06/2015 -
Dende a Oficina de Turismo e có apoio do Concello de Covelo vanse levar a cabo unha serie de visitas guiadas polos diferentes lugares e rutas do concello de Covelo. Realizaranse rutas de sendeirismo, visitas ó patrimonio histórico-artístico e natural, diversos museos e centros de interpretación, e repartidas entre xuño, xullo, agosto e setembro.
Tamén ofrecemos a posibilidade de facer calquera destas visitas outro día, mediante unha visita concertada previamente para grupos.

Para todas estas visitas é necesario inscripción previa, na páxina do facebook “Turismo en Covelo”, no e-mail oficinaturismocovelo@gmail.com ou ben chamando ó 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.

Indicar que na web do concello www.concellodecovelo.es están dispoñibles audioguías e trípticos destas rutas de sendeirismo. É importante que a xente que se anime a participar nestas visitas traian roupa e calzado cómodos e unha botella de auga. Por cuestións organizativas, metereolóxicas ou outras causas de forza maior, poderán alterarse as datas ou suspenderse algunha das visitas planificadas, buscándose outras datas para a súa celebración sempre que fose posible. 

Sábado 27 de xuño: ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos.

Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:30 h. e rematando sobre as 14:30. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Visita a Serradoiro e Aula da Natureza dos Carranos. Difultade baixa.

 

SUSPENDENSE AS ANDAINAS DOS SÁBADO OU DOMINGOS 4 ,5, 11, 18 E 19 DE XULLO POLA NON DISPOÑIBILIDADE DO TÉCNICO DE TURISMO.

Sábado 4 de xullo: ruta do Foxo do Lobo.

Saída da praza do concello ás 10:30 h. Ten unha duración aproximada de 3-4 horas. Remataríase sobre hás 14:00 – 15:00. Aquí poderase ver o foxo do lobo e o chozo na Serra do Suído.

Domingo 5 de xullo: ruta do Alén e San Xoán Mosteiro e visita ó Conxunto Abacial de San Martino de Barcia de Mera.

Saída dende a praza do Mestre Cerviño ás 10:30 h. A andaina recorrerá boa parte da parroquia de Barcia de Mera, subindo ata San Xoan de Mosteiro e visitando o río Alén Dificultade media. Remataríase sobre as 14:30 h.

Sábado 11 de xullo: explicación do cruceiro dos Aflixidos e visita á casa museo “Pazo de Cruz. Empezaríase a explicación no cruceiro ás 11:00 h. e logo ir ó museo Pazo da Cruz onde remataría a visita sobre as 14:00 h. A entrada ó museo é de 2 euros.

Sábado 18 de xullo: visita guiada á capela de Santa María o pe da Cruz de Baldomar e ó conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera. Encontro as 18:00 h. na praza do Mestre Cerviño en Covelo. Remate previsto as 20:30 h. Nesta visita poderemos ver os paisaxes, as arquitecturas e as realizacións artísticas do mellor patrimonio do arte barroco do Concello e da Comarca. Os participantes poderán rematar a súa visita coa asistencia as 20:30 h a un concerto de Capela Finis Terrae integrado no VII Ciclo de Música Relixiosa na igrexa de Barcia de Mera.

Domingo 19 de xullo: Ruta AQA. Dificultade media, cunha duración de 3 horas. Saída dende a Praia de Maceira ás 10:30 h. e rematando ás 14:00 en Barcia de Mera. Visita os muíños de Portafurado e Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera.

Sábado 25 de xullo: ruta do Xabriña e visita ó lugar da cera FAVUM. Dificultade media, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída ás 10:30 h. dende o recinto de festas de Paraños rematando no mesmo lugar sobre as 14:00. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros e o Pozo do Demo no río Xabriña. A entrada ó FAVUM é de 1 euro.

Domingo 26 de xullo: ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos. Dificultade baixa. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:30 h. e rematando sobre as 14:30. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Visita a Serradoiro e Aula da Natureza dos Carranos.

Sábado 1 de agosto: explicación do cruceiro do Cristo dos Aflixidos e ruta Pedra do Lobo. Empezaríase a explicación no cruceiro ás 10:30 h. e logo dirixirémonos ó Castro para comezar a ruta. Aquí verase a famosa pedra dende onde o lobo ouveaba e o monte do Castro con magníficas vistas. Remate as 14:30 h aprox.

Sábado 8 de agosto: ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:30 h. e rematando sobre as 14:30. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Visita a Serradoiro e Aula da Natureza dos Carranos. Difultade baixa.

Domingo 9 de agosto: ruta do Río Xabriña e visita ó Lagar da Cera FAVUM.

Dificultade media, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída ás 10:30 horas dende o recinto das festas de Paraños rematando no mesmo lugar sobre as 14:00. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó lagar de cera é de 1 euro.

Sábado 15 de agosto: visita guiada á capela de Santa María o pe da Cruz de Baldomar e ó conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera. Necesítase levar coche a todos estes lugares. Quedaremos ás 11:00 na igrexa de Baldomar, despois faremos um descanso para preguntas, fotos,... e iremos ó conxunto abacial de Barcia de Mera. Aquí poderán disfrutar das grandísimas xoias barrocas. Ten unha duración aproximada de 3 horas.

Domingo 16 de agosto: Ruta AQA.

Dificultade media, cunha duración de 3 horas. Saída dende a Praia de Maceira ás 11:00 e rematando ás 14:00 en Barcia de Mera. Visita ó muiño de Maceira e muiños de Portafurada.

Sábado 22 de agosto: ruta Foxo do Lobo.

Saída da praza do Mestre Cerviño ás 11:00. Ten unha duración aproximada de 3-4 horas. Remataríase sobre hás 14:00 – 15:00. Aquí poderase ver o foxo do lobo e o chozo na Serra do Suído.

Sábado 29 de agosto: ruta do Alén e San Xoán Mosteiro e visita ó Conxunto Abacial de San Martino de Barcia de Mera.

Saída dende a praza do Mestre Cerviño ás 10:30 h. A andaina recorrerá boa parte da parroquia de Barcia de Mera, subindo ata San Xoan de Mosteiro e visitando o río Alén Dificultade media. Remataríase sobre as 14:30 h. Os participantes poderán completar a súa visita cun baño nalgunha praia do río Tea e coa asistencia as 20:30 h. a un concerto de Vox Stellae, integrado no VII Ciclo de Música Relixiosa na igrexa de Barcia de Mera.

Sábado 5 de setembro: ruta do Río Xabriña e visita ó Lagar da Cera FAVUM.

Dificultade media, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída ás 10:30 horas dende o recinto das festas de Paraños rematando no mesmo lugar sobre as 14:00. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó lagar de cera é de 1 euro.

Sábado 12 de septembro: ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro.

Difultade baixa. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 11:30 e rematando sobre as 14:30. Aquí verán unha recreación de como traballaban os artesáns a madeira.  


 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade