Actualidade e Noticias



Covelo anima á veciñanza maior de 60 anos a participar no programa da Xunta de Galicia €Xuntos polo Nadal€
- 28/11/2023 -

O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 8 de decembro
O Concello de Covelo axudará á veciñanza a tramitar a solicitude para participar no programa da Xunta de Galicia “Xuntos polo Nadal”. Co obxectivo de que ningunha persoa maior de 60 anos estea soa no nadal, a Xunta de Galicia ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro totalmente de balde.


A convocatoria de 2023 conta con 270 prazas repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude. A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 140 prazas para os solicitantes de A Coruña e Ourense. E residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, 130 prazas para os solicitantes de Pontevedra e Lugo.


O programa de actividades é variado e está adaptado aos gustos e aos recursos tanto patrimoniais como culturais da zona. Inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións, sesións de risoterapia e de ximnasia entre outras moitas.


As persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos: ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, estar empadroado nalgún concello galego, vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.


O programa inclúe estancia na residencia durante 15 dias; aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa e actividades de animación sociocultural.


O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 8 de decembro . A solicitude deberá ir acompañada da declaración responsable e do informe social.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade