Present News



O Concello ultima xa os premios "Síntente Covelo"
- 21/11/2023 -

O vindeiro día 1 de decembro remata o prazo para presentar as candidaturas
Un ano máis o Concello de Covelo quere recoñecer a traxectoria da súa veciñanza e ultima xa unha nova edición dos premios “Síntete Covelo”. A novena edición ten aberto o prazo para as candidaturas que optarán a recibir este sentido recoñecemento.


Coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia, o Concello de Covelo entregará este premios para os que estará aberto o prazo de propostas ata o vindeiro día 1 de decembro ás 14 horas.


Calquera persoa poderá presentar candidaturas que terán que estar relacionadas coa contribución á creación, ás artes, á ciencia ou humanidades, ao deporte, ao medio ambiente e á conservación do noso entorno e paisaxe local.


.As candidaturas teranse que presentar mandando un informe de méritos ao correo electrónico rexistro.covelo@fegamp.gal ou ben por correo ordinario ou presencialmente nas oficinas do Concello.


Deberán incorporar o seu curriculum ou memoria do seu percorrido e traxectoria, notas de prensa, entrevistas na radio ou televisión, vídeos, etc., que deberán aportar nun sobre onde se indiquen os datos da persoa, empresa, asociación ou club que se propón para o “IX Galardóns Síntete Covelo”.


O xurado, composto por tres concelleiras e concelleiros de todos os grupos da Corporación, entregará o premio o sábado día 23 de decembro ás 18:30 horas no auditorio municipal.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade