Fomentar a participación da veciñanza en actividades artísticas e creativas foi o obxectivo do IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo. Baixo o título “Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio” recolléronse fotografías que promovesen a riqueza natural e histórica do concello.
Das fotografías presentadas farase unha escolma de doce fotografías que formarán parte dos dous mil calendarios do 2024 que, como de costume, serán repartidos entre a veciñanza no mes de nadal.
O xurado formado por fotógrafas e fotógrafos profesionais entregaron os tres premios: un primeiro a elixir entre un curso de fotografía ou unha experiencia fotográfica de montaña; un segundo con ampliacións fotográficas de 40x30 cm e o terceiro cunha ampliación fotográfica de 40x30 cm tamén sobre soporte ríxido.