Actualidad y Noticias



"Xeometría" de Rosa María Tielas se hace con el primero premio del IV Concurso de Fotografía Ayuntamiento de Covelo
- 21/11/2023 -

Doce fotografías de interés turístico, cultural y patrimonial formarán parte de los dos mil calendarios del 2024 que, como de costumbre, serán repartidos entre el vecindario en el mes de navidad
O Concello de Covelo entregou os premios do seu IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo a Rosa María Tielas Conde quen coa súa foto “Xeometría” acadou o primeiro premio; a Sergio Fandiño Sotelo que se fixo co segundo posto con “Ponte Maceira” e a Francisco Javier González de Jesús que gañou o terceiro premio coa foto “Patrimonio Micolóxico”.

 

Fomentar a participación da veciñanza en actividades artísticas e creativas foi o obxectivo do IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo. Baixo o título “Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio” recolléronse fotografías que promovesen a riqueza natural e histórica do concello.

 

Das fotografías presentadas farase unha escolma de doce fotografías que formarán parte dos dous mil calendarios do 2024 que, como de costume, serán repartidos entre a veciñanza no mes de nadal.

 

O xurado formado por fotógrafas e fotógrafos profesionais entregaron os tres premios: un primeiro a elixir entre un curso de fotografía ou unha experiencia fotográfica de montaña; un segundo con ampliacións fotográficas de 40x30 cm e o terceiro cunha ampliación fotográfica de 40x30 cm tamén sobre soporte ríxido.



Xeometrí­a

<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade