Present News



O xoves 16 en Covelo charla informativa da Asociación Española contra o Cancro
- 07/11/2023 -

Será no auditorio municipal ás 17 horas aberta a toda a cidadanía
O Concello de Covelo informa que o vindeiro xoves día 16 de novembro terá lugar a charla informativa “Contra o cancro somos só un” organizada en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.

 

Será no auditorio municipal ás 17 horas totalmente gratuíta e aberta a toda a cidadanía. Nesta xornada explicaranse os servizos que a Asociación Española contra o Cancro presta ás familias que padecen esta enfermidade.

O
 Concello continúa na súa liña de achegar o máximo número de servizos á cidadanía evitando así desprazamentos longos.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade