Co obxectivo de acurtar a fenda dixital e durante dúas horas aprenderon conceptos básicos de iniciación a internet, a realizar búsquedas de traballo na rede, redactar o seu curriculum vitae, empregar o smartphone ou a tablet ou realizar compras no ecommerce. Ademais aprenderán pasos básicos para navegar con seguridade e a realización de trámites administrativos. Tamén aprenderon ferramentas para mellorar a visibilidade do seu negocio e a facer unha boa xestión das súas redes sociais e todas aquelas cuestións que lle sexan trasladadas.
Dende o Concello lembran que o uso axeitado de internet facilita o día a día sendo máis doado do que semella e posibilitando acceder a trámites, citas ou xestións coa administración dende a casa e a calquera hora do día.