Present News



Castañas, música, chouripán e obradoiros infantís no magosto popular e solidario de Covelo
- 02/11/2023 -

O Concello comunica que por mor da climatoloxía adversa se suspende a Mostra de Produtos de Covelo que se celebra cada primeiro sábado de mes
 

Música, castañas e “chouripán”, así será o magosto popular que o Concello de Covelo celebrará este domingo a partir das 18:30 nos baixos do pavillón municipal. Os obradoiros infantís de Samaín abrirán a xornada de domingo na que as e os máis cativos crearán pedras monstrosas da man de Barafunda Animación, momento tamén no que comezará a soar xa a música das Retranqueiras de Barcia de Mera, a dos Sons do Suído e a das Pandereiteiras Serra do Suído.

 

A partir das 19 horas será o momento de celebrar o magosto popular que ademais será solidario e recollerá alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos de Covelo. Neste intre os artículos que máis se necesitan son o leite e o aceite xa que non teñen existencias, pero o banco de alimentos de Covelo agradece calquera aportación de non perecedoiros.

 

Castañas e chouripán acompañados de refrescos e viño será o menú principal deste popular encontro. O Concello comunica, ademais, que se suspende a Mostra de Produtos de Covelo que, como cada primeiro sábado de mes, se celebra na praza Mestre Cerviño. A climatoloxía adversa impide que produtores e veciñanza se dean cita para o intercambio comercial e social.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade