Present News



Covelo e Deputación de Pontevedra asinan o convenio para a construción do ximnasio no pavillón municipal
- 01/11/2023 -

A obra, valorada nun total de 435.000 euros, consistirá en acondicionar os locais existentes na planta baixa do pavillón municipal
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, asinaron este martes un convenio de colaboración enmarcado no Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 (PON2030)a través do cal o Goberno provincial financiará con 369.750 euros, o 85 % do orzamento, as obras de construción e acondicionamento dun ximnasio no pavillón municipal. O Concello, pola súa banda, achegará o 15 % restante (65.250 euros).

A obra, valorada nun total de 435.000 euros, consistirá en acondicionar os locais existentes na planta baixa do pavillón municipal para convertelos en salas de ximnasio, baile ou reunión. Os traballos comprenderán unha superficie total de 283 metros cadrados nos que se crearán dous novos accesos desde a rúa. A distribución interior deste ximnasio constará dun vestíbulo de 43 metros cadrados, unha sala polivalente de 85,58 metros cadrados e unha sala de ximnasio completamente equipada de 96,99 metros cadrados; ademais, construiranse tres aseos. As obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025.


Este convenio subscríbese coas modificacións das bases do programa PON2030 aprobadas polo Goberno da Deputación xa en vigor. Uns cambios que fan compatible a achega da Deputación con subvencións doutras administracións, que servirían para reducir o máximo posible a achega municipal.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade