Present News



Cursos en competencias dixitais para maiores de 50 anos na sala multiúsos de Covelo
- 30/10/2023 -

Hoxe luns e mañá martes de 17 a 19 curso de iniciación a internet e administración electrónica
O Concello de Covelo informa que hoxe e mañá impartiranse cursos en competencias dixitais para maiores de 50 anos. Hoxe e mañá martes profesionais de Redeia e CIBERVoluntarios.org estarán na sala multiúsos para ensinar ás persoas adultas a relacionarse electronicamente coa administración e navegar dun xeito seguro pola rede grazas aos cursos gratuítos de iniciación a internet e administración electrónica.


Axudar ás persoas a entender e a empregar a tecnoloxía é o obxectivo destes cursos que perseguen acurtar a fenda dixital. De 17 a 19 horas ensinarán ás persoas participantes conceptos básicos de iniciación a internet, realizar búsquedas de traballo na rede, redactar o seu curriculum vitae, empregar o smartphone ou a tablet ou realizar compras no ecommerce. Ademais aprenderán pasos básicos para navegar con seguridade e a realización de trámites administrativos. Tamén aprenderán ferramentas para mellorar a visibilidade do seu negocio e a facer unha boa xestión das súas redes sociais e todas aquelas cuestións que lle sexan trasladadas.


Dende o Concello animan a todas as persoas maiores de 50 anos a perder o medo e a vergoña e asistir a estes cursos para non quedarse atrás e manterse actualizados. O uso axeitado de internet facilita o día a día sendo máis doado do que semella e posibilitando acceder a trámites, citas ou xestións coa administración dende a casa e a calquera hora do día.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade