Actualidade e Noticias



Covelo inviste 33.348€ na mellora das instalacións do cemiterio de Piñeiro
- 14/03/2022 -

O goberno de Covelo da resposta á demanda veciñal e avanza na mellora dos espazos e servizos públicos investindo máis de trinta mil euros na dotación de aseos públicos, abastecemento, saneamento e mellora da iluminación no cemiterio de Piñeiro
O Concello de Covelo da un paso máis na mellora das infraestruturas e servizos municipais de uso público coa execución do proxecto “Mellora das instalacións do cemiterio de Piñeiro”. Financiado con fondos propios, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, supón un investimento de 33.348,88€.

Con esta actuación o goberno de Covelo da resposta á demanda veciñal realizando as obras necesarias para acondicionar o local existente no interior do cemiterio e convertelo en aseos públicos adaptados a persoas con mobilidade reducida. Trátase dun antigo local de 17,80 m2 no que se almacenaban ferramentas e que, na actualidade, presentaba un estado moi deteriorado con humidades no teito e no chan por filtracións na cuberta e nas paredes, motivo polo que tamén estaba en mal estado o alicatado.

Ademais, o proxecto contempla a construción dunha beirarrúa de acceso aos aseos, a mellora da iluminación, a dotación de auga e saneamento coa execución dun pozo de barrena e unha fosa séptica.

O alcalde Pablo Castillo engade que, entre algúns dos traballos que se están desenvolvento, está a colocación dun depósito para o almacenaxe de auga, catro proxetores LED de 4.000 lm e 40W de consumo, reemprazo de sanitarios, novas portas de rexistro de chapa de aceiro galvanizado e novas portas con pechaduras para o osario.

Estas obras súmanse ás de mellora da contorna e dotación de zona de aparcamento realizadas nos últimos anos. O cemiterio de Piñeiro, que está ao pé da PO-255,





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade