Actualidade e Noticias



Entrega de diplomas do curso de acompañante de transporte escolar e monitor de comedor do VII Plan de Formación do Concello de Covelo
- 25/10/2023 -

O VII Plan de Formación do Concello de Covelo oferta cursos sen ter que desprazarse a outras vilas
A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, entregaron os diplomas do curso de acompañante de transporte escolar e de monitor de comedor escolar.


Dous novos cursos que se desenvolveron íntegramente no concello de Covelo para evitar os desprazamentos e facilitar a participación. O curso de acompañante de transporte escolar e monitor/a de comedor tivo unha duración de 30 horas e ofertouse logo de realizar unha consulta coa cidadanía, ter en conta as observacións de orientación laboral e das academias de formación e despois de investigar a demanda do mercado laboral. “Ofrecemos estes cursos cos que pretendemos mellorar non só o curriculum das persoas sen saír da súa contorna, tamén contribuír a que poidan atopar un traballo”, explica Lourdes Enes que engade que son cursos que capacitan ás persoas con coñecementos e destrezas requeridas polas empresas.


Lourdes Enes adianta que nos seis anos anteriores o Plan de Formación do Concello de Covelo contribuíu a mellorar o curriculum de arredor de 500 persoas incrementándose, ano tras ano, o interese e a participación.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade