Patinadoras e patinadores, futbolistas femininas e tamén masculinos, directivas e adestradoras e adestradores conversarán con Alfonso Pardo sobre a importancia do deporte, as súas traxectorias e novos retos para o futuro.
O alcalde, Pablo Castillo, convida a toda a veciñanza a asistir como público o martes día 31 ás 17 horas no auditorio municipal.
O programa “Convivir Deportivo” salienta por recoñecer o traballo diario de clubs, deportistas e directivas, dando conta da actividade das escolas que preparan aos máis novos/as. En total, son máis de 200 os programas xa emitidos, que os oíntes poden recuperar a calquera hora nos podcast de radiogalega.gal. Durante a temporada radiofónica, o espazo chega á FM os sábados ás 13.00 h.