Present News



A ANPA O Suído e o Concello de Covelo colaboran para promover a lingua galega
- 23/10/2023 -

A asociación de Nais e Pais do CEIP Antonio Blanco e o Concello agasallarán libros de lectura en lingua galega antes das vacacións de nadal
O Concello de Covelo colabora coa ANPA O Suído do CEIP Antonio Blanco Rodríguez na promoción da lingua galega. Un ano máis, promoverán entre o alumnado a lectura agasallándolles un libro en galego antes das vacacións de nadal.


Segundo as profesionais do servizo de Atención Temperá en Covelo a lectura na idade infantil de libros acorde a súa idade fortalece o vencello entre adultos e menores sendo aconsellable o acompañamento ata os sete anos; mellora o rendemento intelectual, desenvolve a intelixencia emocional, promove a autoestima e o seu autoconcepto e favorece tamén procesos cognitivos básicos como a atención ou a memoria.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade