O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia de optimizar os recursos e traballar de xeito colaborativo e coordinado con outras institucións como o instituto Val do Tea de Ponteareas. Agradece tamén, tanto a iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Covelo como a boa disposición e axilidade do centro na procura de melloras para a comunidade educativa.
Deste xeito, as e os estudantes da ESO e 1º de bacharalato atoparán nos andeis da biblioteca os libros de lectura recollidos na programación do centro. O alcalde convida, ademais, a abrir unha vía de colaboración cos centros de referencia para o alumnado de Covelo, para o coñecemento da riqueza natural e histórica do concello, sempre dentro das competencias de cada unha das institucións e co obxectivo de promover unha convivencia máis estreita e rica.