Present News



A Biblioteca Pública de Covelo coordínase co IES Val do Tea para dispor dos libros de lectura de literatura galega e castelán
- 19/10/2023 -

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia de optimizar os recursos e traballar de xeito colaborativo e coordinado
O Concello de Covelo amosa o seu apoio á mocidade que cursa os seus estudos no IES Val do Tea, centro de referencia do concello, adquirindo os libros de lectura das materias de Lingua Castelá e Lingua Galega. En coordinación co centro, a Biblioteca Pública Municipal contemplou nas súas adquisicións os libros de lectura obrigatoria para facilitar o acceso aos mesmos.


O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia de optimizar os recursos e traballar de xeito colaborativo e coordinado con outras institucións como o instituto Val do Tea de Ponteareas. Agradece tamén, tanto a iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Covelo como a boa disposición e axilidade do centro na procura de melloras para a comunidade educativa.


Deste xeito, as e os estudantes da ESO e 1º de bacharalato atoparán nos andeis da biblioteca os libros de lectura recollidos na programación do centro. O alcalde convida, ademais, a abrir unha vía de colaboración cos centros de referencia para o alumnado de Covelo, para o coñecemento da riqueza natural e histórica do concello, sempre dentro das competencias de cada unha das institucións e co obxectivo de promover unha convivencia máis estreita e rica.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade