No foodtruck poderemos degustar distintas receitas elaboradas con produtos da nosa terra o vindeiro mércores día 18 en horario de 12:00 h a 15:00 h e de 18:00 h a 21:00 h.
“Galicia sabe amar” é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
A veciñanza poderá degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra. Na páxina web Galicia sabe amar poderemos atopar saborosas receitas.