O alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación, Lourdes Enes mantiveron un encontro co coordinador da AECC na provincia de Pontevedra, Telmo Crespo, no que foron informados dos distintos servizos que a AECC ofrece na provincia a pacientes con cancro e aos seus familiares.
Concello e AECC acordaron organizar unha xornada informativa para divulgar entre a poboación estes servizos e procurar voluntariado que poida difundir a información.
Alcalde e concelleira consideran fundamental coñecer todos os recursos dispoñibles para a mellora e apoio tanto das persoas enfermas como da súa contorna familiar.