Present News



A Asociación Española Contra o Cancro estará en Covelo para informar sobre os servizos de apoio a enfermos e familiares
- 09/10/2023 -

Concello e AECC acordaron organizar unha xornada informativa para divulgar entre a poboación estes servizos e procurar voluntariado que poida difundir a información
Contribuír a mellorar o día a día das persoas enfermas de cancro e avanzar na investigación para a cura desta enfermidade foron as principais cuestións que o Concello de Covelo tratou onte coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) nunha reunión mantida na Casa do Concello.


O alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación, Lourdes Enes mantiveron un encontro co coordinador da AECC na provincia de Pontevedra, Telmo Crespo, no que foron informados dos distintos servizos que a AECC ofrece na provincia a pacientes con cancro e aos seus familiares.


Concello e AECC acordaron organizar unha xornada informativa para divulgar entre a poboación estes servizos e procurar voluntariado que poida difundir a información.


Alcalde e concelleira consideran fundamental coñecer todos os recursos dispoñibles para a mellora e apoio tanto das persoas enfermas como da súa contorna familiar.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade