Present News



Covelo capacitará a 15 condutores para obter o permiso de condución de transportes con mercadorías perigosas
- 10/10/2023 -

Ata o día 20 de outubro estará aberto o prazo de inscrición neste curso pertencente ao VII Plan de Formación do Concello de Covelo
A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, informa que ata o vindeiro día 20 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no curso ADR básico e cisternas. Un novo curso do VII Plan de Formación de Covelo que, ao longo de todo o ano, ofrece formación subvencionada a veciñas e veciños. Co obxectivo de promover a inserción laboral, o Concello ofrece quince prazas para obter o permiso de condución de transportes con mercadorías perigosas.


Totalmente financiado polo Concello, as persoas participantes só terán que aboar o estipulado na ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación de actividades formativas, é dicir, unha contía de 12€ para empadroadas/os e de 36€ para as persoas non empadroadas. O Concello de Covelo asumirá os gastos incluídas as taxas de examen, tendo cada participante dereito a dúas convocatorias de exame.


Este curso desenvolverase nas instalacións de APETAMCOR no polígono industrial de A Granxa no concello de O Porriño. As clases impartiranse os días 27, 28 e 29 de outubro e o 3, 4 e 5 de setembro. Cunha duración de 34 horas será impartido en horario de tarde o venres de 17 a 22 horas e os sábados e domingos de 07:30 a 14:30.


As persoas que desexen optar a este curso deberán ter en vigor o permiso de condución B e o DNI, ademais de cumprir os reflexados nas bases.


Logo de realizar unha consulta coa cidadanía, ter en conta as observacións de orientación laboral e das academias de formación e investigar a demanda do mercado laboral, ofrecemos estes cursos cos que pretendemos mellorar non só o curriculum das persoas sen saír da súa contorna, tamén contribuír a que poidan atopar un traballo”, explica Lourdes Enes que engade que son cursos que capacitan ás persoas con coñecementos e destrezas requeridas polas empresas.


Lourdes Enes adianta que nos seis anos anteriores o Plan de Formación do Concello de Covelo contribuíu a mellorar o curriculum de arredor de 500 persoas incrementándose, ano tras ano, o interese e a participación.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade