Present News



Como cada primeiro sábado de mes, chega a Mostra de Produtos de Covelo
- 04/10/2023 -

A praza Mestre Cerviño acolle a feira que conecta a produtores e consumidores e na que non faltará a música e o posto de polbo
Como cada primeiro sábado de mes, o Concello de Covelo celebra este sábado día 7 a súa Mostra de Produtos na praza Mestre Cerviño do centro urbano. De 10 a 14 horas teremos unha cita cos postos de cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar, xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna ou prantas, entre moitos produtos de proximidade, artesanía e segunda man.


A partir das 12 do mediodía toca gozar da gastronomía nos locais de hostalaría e no posto de polbo á feira para acompañar a sesión vermú que virá acompañada de música en directo con Los Lunes al Sol.


A Mostra de Produtos de Covelo conecta aos produtores coa veciñanza que ademais de facer as súas compras, gozan da gastronomía local nun espazo de socialización con ambiente distendido e festivo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade